Non é que necesite poñerlle etiquetas ás cousas. Non me malinterpretedes. Simplemente creo que é unha forma de darlle nome a algo que se ben repetindo dende fai uns anos (creo que empezamos alá polo 2000), e ainda que cada unha é diferente e parezca que estamos condenados á itinerancia (non me explico por qué, nin que foramos Atila), todas teñen algo en común ( a parte da iluminación e o barril)... por iso creo que chegou o momento de bautizar dunha vez por todas o evento por excelencia do verán. Acabo de poñer unha enquisa na barra da dereita para saber qué pensades do tema. Se queredes, podedes dar opcións para o nome poñendoas como comentario. En canto se reciban unhas cantas poñerei outra enquisa para poder elexir o nome... molaba ter elexido o nome para a festa deste ano, creo que ainda non hai data concreta.
Propoño como nome: NOFONDO