UNHA cousa está clara, e é que a nova campaña publicitaria de Gadis "Vivamos como galegos" está dando moito que falar... un acerto tanto para os "creativos" que a diseñaron como para os executivos da marca que apostaron por ela. Estou seguro de que poucos anuncios feitos dende aquí conseguiron tan ampla difusión por internet, así que ben vido sexa...
De tódalas maneiras, eu coincido bastante coa opinión dun rapaz que publicou un artigo en Vieiros e que pon de manifesto unha gran contradicción:
"
Ollo! O anuncio está en galego. Moi ben. Congratúlome. Quen non? Mais eu entro na tenda e miro: “alimento para animales”, “pescadería”, “frutería”.... Miro os anuncios en papel do supermercado e todo está en castelán, os panfletos tamén, ata o ticket. Mesmo en internet a súa páxina non está en galego e nin tan sequera posibilita lela na nosa lingua (hoxe en día existe un tradutor inmediato)".E seguindo coa repercusion e o debate suscitado polo anuncio en sí, hoxe mesmo Xose Manuel Pereiro, comenta dende El País: "... la cadena de supermercados que apuesta por el galician way of life nunca había evidenciado más relación con lo gallego que la localización geográfica y lo reivindica ahora que siente en la nuca el aliento de la competencia foránea... Antes que del "vivamos como galegos", esta sociedad ha hecho bandera del "comportémonos como si no lo fuésemos, no vaya a ser que se nos note". Artigo completo de VieirosArtigo completo El País